Index Català Castellano English Galego Euskera Italiano Esperantu Facebook
Inicio
Historia Características Elaboración Encargos Imaxes Ligazóns Contact0
Encargos
Para realizar un encargo lee atentamente as condicións, abaixo especificadas, e completa o formulario:

Nome:
Apelido:
Enderezo:
Poboación:
Código Postal:
Provincia:
CIF/NIF:
Teléfono:
E-mail:
Comentario:

Cantidade:

Gastos de envío e manipulación: PAYPAL
Unha vez realizado o encargo enviarémoslle unha confirmación có custo total a ligazón para realizar o pago a través de Paypal.
CONTRA REEMBORSAMENT
O pago do encargo realizarase no momento da recepción do paquete na súa oficina de Correos.
 
PREZO:

1 Cabaliño de madeira: 95 €

Gastos de envío: 17 €

Para encargos superiores a 3 cabaliños consultar prezos a CAVALLET DE FUSTA.
Estes prezos son válidos en envíos á Península, Illas Baleares e Illas Canarias. Non serán válidos para envíos ó estranxeiro, neste caso unha vez recibido o encargo enviarase o prezo xunto coa confirmación do encargo.

PRAZO DE ENTREGA:
CAVALLET DE FUSTA estima un prazo máximo de 7 días hábiles para que o cliente reciba o seu encargo tanto na Península, como nas Baleares e nas Illas Canarias. No caso de que CAVALLET DE FUSTA non poida cumprir o prazo de entrega porase en contacto có cliente para comunicarllo e proceder á confirmación ou anulación do encargo.
FORMA DE PAGO:

- Paypal (Transación electrónica segura):
O cliente realizará o pago a través do servizo Paypal. Xunto coa confirmación dos datos e do encargo recibirá unha ligazón coa conta Paypal de CAVALLET DE FUSTA, unha vez que se confirme o pago, CAVALLET DE FUSTA comezará o proceso de envío.
Realizarase o envío a través de Correos.

- Contra Reembolso (a través de Correos):
O cliente poderá realizar o pago do seu encargo no momento da recepción do paquete na súa oficina de Correos.

O envío contra reembolso ten uns custos adicionais estipulados por Correos, poden variar segundo o volume do encargo e a localidade de destino.
Este sistema de pago só será válido en envíos á Península, Illas Baleares e Illas Canarias.

ADUANAS E IMPOSTOS:
Os encargos para Ceuta, Melilla, Illas Canarias e países que non pertencen á Unión Europea están sometidos a gastos de aduana sobre os que CAVALLET DE FUSTA non ten ningún control e dos que CAVALLET DE FUSTA non se fai responsable en ningún dos casos. Este pago sempre corresponderá ó destinatario do encargo ou comprador. Antes de realizar a compra recomendamos consultar na oficina de aduanas para obter una información máis detallada ó respecto.
DISPOÑIBILIDADE:
Dispoñemos de cabaliños de madeira suficientes para cubrir tódolos os pedidos. Se en calquera dos casos, CAVALLET DE FUSTA, non tivese cabaliños de madeira disponibles, poríase en contacto có cliente para comunicarlle a demora e que poida decidir se confirma o encargo ou non.
PRIVACIDADE DE DATOS:

Tratamento dos datos de carácter persoal.
O cliente autoriza o tratamento automatizado dos datos persoais cedidos, necesarios para a prestación dos servizos pactados. A ficha de cliente estará baixo supervisión e control de CAVALLET DE FUSTA.
Enténdese que o cliente acepta as condicións establecidas ó realizar un encargo.
A información persoal facilitada por parte dos clientes será gardada en bases de datos propiedade de CAVALLET DE FUSTA, que asume as medidas tanto técnicas como organizativas e de seguridade que garantan a confidencialidade e integridade da información segundo o que se establece na Lei Orgánica 5/1992 de 29 de outubro, de Tratamento automatizado dos datos de carácter persoal, e demais lexislación aplicable.
O cliente responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose CAVALLET DE FUSTA o dereito a excluír dos servizos rexistrados a aquel cliente que facilite datos falsos, sen prexuízo das outras accións que procedan en Dereito.
Calquera cliente pode, en calquera momento, segundo o que establece a Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, acceder, rectificar ou cancelar os seus datos, e, para calquera destas opcións, terá que dirixirse por correo electrónico a CAVALLET DE FUSTA.

Cavallet de Fusta